Xosé Cobas (Logrosa-Negreira, A Coruña, 1953) está vencellado profesionalmente ao mundo da pintura e do deseño gráfico. A comezos dos anos oitenta toma contacto co eido da ilustración, sobre todo na prensa e nas revistas, iniciándose na ilustración de literatura infantil e xuvenil, sen abandonar os rexistros pictóricos. Dende aquela publicou numerosos libros, gañou varios premios e participou en diversas exposicións en España e no estranxeiro. Entre as súas obras destacan «O libro das viaxes imaxinarias» (Xerais 2008), Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado do Ano, Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega Infantil-Xuvenil e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil, e «Lendo lendas, digo versos» (Xerais 2015), Premio Gala do Libro Galego Iniciativa Bibliográfica 2016 e Lista de Honra do IBBY 2018.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.