https://hablamosdelibros.es/producto/ringo-memorias-dun-coello-fedello-2/249613Ringo. Memorias dun coello fedelloRingo é un coello que forma parte dun impresionante número de maxia do mago Leo. A causa dun erro na execución do truco, un día aparece nun lugar descoñecido, lonxe do circo. En compañía de Brétema, que o atopa perdido, e dos amigos Gada e Aldán, vivirá aventuras e enfrontarase a perigos mentres tenta regresar ao Circo Fantabuloso: unha comunidade de artistas onde cadaquén expresa a súa singularidade. Imaxinación, enxeño e humor intelixente mestúranse nesta aventura que aborda temas esenciais como o valor da amizade, a diversidade, a empatía e o amor.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00352301-3-600x845.jpg3.49instockLibros infantiles00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00352301-3-300x300.jpg98379984439839198431983973.490.000.002023-08-23T06:31:05+02:00
Ringo. Memorias dun coello fedello
Ringo é un coello que forma parte dun impresionante número de maxia do mago Leo. A causa dun erro na execución do truco, un día aparece nun lugar descoñecido, lonxe do circo. En compañía de Brétema, que o atopa perdido, e dos amigos Gada e Aldán, vivirá aventuras e enfrontarase a perigos mentres tenta regresar ao Circo Fantabuloso: unha comunidade de artistas onde cadaquén expresa a súa singularidade. Imaxinación, enxeño e humor intelixente mestúranse nesta aventura que aborda temas esenciais como o valor da amizade, a diversidade, a empatía e o amor.
Ringo é un coello que forma parte dun impresionante número de maxia do mago Leo. A causa dun erro na execución do truco, un día aparece nun lugar descoñecido, lonxe do circo. En compañía de Brétema, que o atopa perdido, e dos amigos Gada e Aldán, vivirá aventuras e enfrontarase a perigos mentres tenta regresar ao Circo Fantabuloso: unha comunidade de artistas onde cadaquén expresa a súa singularidade. Imaxinación, enxeño e humor intelixente mestúranse nesta aventura que aborda temas esenciais como o valor da amizade, a diversidade, a empatía e o amor.
David Pintor (A Coruña, 1975) é un dos ilustradores galegos máis recoñecidos. Recibiu numerosos premios, entre os que figuran o Andersen e o Nami Island; o premio da Society of News Design; o Pura e Dora Vázquez de ilustración; o Premio Internacional Clermont-Ferrand; o Premio Ilustrador do Ano Città del Sol ou o II Premio da Feira do Libro de Sharjah (Dubai). Foi finalista dos CJ Picture Book Awards e figura na listaxe The White Ravens en diversos anos. Foi seleccionado en varias edicións da Bienal de Bratislava e da Feira Internacional de Boloña. En Xerais, é autor das ilustracións de «Minimaladas» (2007), «Novas minimaladas» (2008), «Desde unha estrela distante» (2013), «Cámbiache o conto» (2016) e «Ringo. Memorias dun coello fedello» (2023), e é autor integral do álbum «(Non) A todas as nenas lles gusta o rosa» (2022).
Pablo Nogueira (O Carballiño, 1987) medra entre as páxinas dos contos, os debuxos animados do Xabarín Club e o rock and roll que resoa nos cuartos dos seus irmáns maiores. Estuda Maxisterio, Psicopedagoxía e un máster de Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario. O seu primeiro conto publicado foi «Nube Branca quere ser astronauta» (2018), ao que seguiron «A banda de Raimunda» (2019), «Nube Branca e o pingüín Valentín» (2020) e «Nube Branca no camiño» (2021). Publicou ademais dúas novelas curtas para o público adulto: «Banda Sonora Orixinal» (2019), gañadora do IV Certame Balbino de Relatos, e «Música para os días de inverno» (2020). En 2021 gaña o XVIII Premio Pura e Dora Vázquez de narrativa infantil e xuvenil con «O club de coleccionistas de selos» e, en 2022, o VI Premio Agustín Fernández Paz coa novela «Ringo. Memorias dun coello fedello» (Xerais, 2023). Na súa faceta musical, é baixista na banda de rock Susie Q´s e no proxecto instrumental Acuario Sonoro. Actualmente exerce de mestre no ensino público.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!