Nesta obra, o escritor Suso de Toro segue os pasos de Ana Pontón, dende a súa infancia até a actualidade, dende aquela nena até esta muller que é observada por moita xente, desvelando a súa personalidade e o seu traballo diario.
Trátase do retrato en movemento dunha persoa e dunha personaxe que resultan unha novidade para o noso país. Na súa voz destílanse as experiencias do nacionalismo galego, de xeracións de persoas comprometidas cunha causa que se visibiliza como froito dunha estirpe das mulleres galegas. Esta crónica de Suso de Toro acompaña a ilusión de centos de cidadás e cidadáns que ven en Ana Pontón a líder indiscutible que agarda gobernar Galiza como consecuencia dunha historia de resistencias e de afirmacións de liberdade; esa figura propia dun tempo novo en que as expectativas van da man dunha muller.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.