María Victoria Moreno (Valencia de Alcántara 1941- Pontevedra 2005) foi licenciada en Filoloxía Románica e Catedrática de Bacharelato de lingua e literatura españolas nun instituto de Pontevedra. Escritora, conferenciante e tradu-tora, impartiu numerosos cursos de lingua galega e preparou textos didácticos. Considerada como unha das fundadoras da literatura infantil e xuvenil en lingua galega, publicou o seu primeiro libro, Mar adiante, en 1973, recuperado por Xerais en 2009. Dende entón publicou títulos tan importantes como Leonardo e os fontaneiros (1986), primeira novela realista da literatura infantil en galego; Anagnórise (1988), novela incluída na Lista de Honra do IBBY 1990 e traducida a varias linguas; ou Guedellas de seda e liño (1991), novela pola que obtivo o premio White Ravens 2002 e unha mención especial dos Premios da Crítica Galicia 2000 no eido da Creación Literaria; e Eu conto, ti cantas… (Xerais 2005). Recolleu a súa experiencia como enferma de cancro de mama en Diario da luz e a sombra (Xerais 2004). A súa obra poética, editada postumamente, está recollida no libro Elexías de luz (Xerais 2006).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.