https://hablamosdelibros.es/producto/violeta-as-agachadas-2/274649Violeta ás agachadasA Violeta nada lle gusta máis que xogar ás agachadas. Na casa, sempre busca o mellor lugar onde esconderse: debaixo das camas, dentro dos armarios, nas lacenas da cociña...
E cando xa non lle queda ningún escondedoiro por descubrir, procura outros refuxios. E así...
Un álbum ilustrado onde aprender e percorrer os meses do ano e as súas características seguindo os soños de Violeta, a protagonista.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00366601-2-600x787.jpg13.50instockLibros infantilesA partir de 4 años00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00366601-2-300x300.jpg102447997201024691024579897213.500.000.002023-09-07T11:41:23+02:00
Violeta ás agachadas
A Violeta nada lle gusta máis que xogar ás agachadas. Na casa, sempre busca o mellor lugar onde esconderse: debaixo das camas, dentro dos armarios, nas lacenas da cociña…
E cando xa non lle queda ningún escondedoiro por descubrir, procura outros refuxios. E así…
Un álbum ilustrado onde aprender e percorrer os meses do ano e as súas características seguindo os soños de Violeta, a protagonista.
A Violeta nada lle gusta máis que xogar ás agachadas. Na casa, sempre busca o mellor lugar onde esconderse: debaixo das camas, dentro dos armarios, nas lacenas da cociña…
E cando xa non lle queda ningún escondedoiro por descubrir, procura outros refuxios. E así…
Un álbum ilustrado onde aprender e percorrer os meses do ano e as súas características seguindo os soños de Violeta, a protagonista.
Licenciado en Filoloxía Hispánica, traballa no eido da edición. Ten publicados os seguintes títulos para o público infantil: «Violeta quere ser vampiro. Un Conto do Samaín» (Xerais, 2017), «É tempo de Entroido!» (Xerais, 2018), «A araña que lles tiña medo ás arañas» (Xerais, 2019), «Meigas fóra!» (Xerais, 2020), «Non pare a festa» (Xerais, 2021), «De festa en festa» (2022), «Gloria» (2023), «Inventario de bruxas da avoa Maruxa» (2023), «Violeta ás agachadas» (Xerais, 2023), «Maios e desmaios (Xerais, 2025)»e «Vigo pequeno» (Xerais, 2026). Tamén é autor das series «Miñoca» (Xerais, 2021/2022/2023/2024) e «Fani e Dani» (2023/2024), e colaborou no volume colectivo «Era outra vez» (2022) coa adaptación do conto de Óscar Wilde «O xigante egoísta».
En 2021 gañou o Premio Arume de Poesía para a Infancia con «Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente» (2022) (Selección OEPLI, 2022 / Premio Frei Martín Sarmiento, 2024); en 2022, o XV Premio El Príncipe Preguntón de Poesía para Niños con «O delirante restaurante de Héitor Mórtimer e a súa clientela aberrante» (2023); en 2023, o Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia con «Medo me dá!» (2024) (Selección OEPLI, 2024) e en 2025 o I Certame Literario Jaime Olmedo Limeses con «Pernascochas» (2025).
Publicou os contos en liña «#EuQuedoNaCasa» (2020), sobre o confinamento provocado pola covid-19; «Bombas de chocolate» (2022), sobre a guerra de Ucraína e «Sucedeu en Samede», sobre a celebración do Entroido nesta localidade (2024).
Para o público adulto publicou «Zoom» (Xerais, 2022) e a plaquette «Casa pequena» (2025), que acadou o terceiro premio no Certame Internacional de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro de Cornellà.
Parte da súa obra está traducida ao catalán e ao castelán.
Abi Castillo (Vigo, 1987) é graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e cursou estudos superiores na escola de deseño Aula D desta cidade. Compaxina o seu traballo creativo coa faceta de profesora de pintura para nenos e nenas. Entre algúns dos seus traballos está a realización das ilustracións do libro infantil «O corazón tecido de Catarina» (2013) ou as ilustracións para o Mercado Progreso 41 de Vigo (2016). Ademais, participou en diferentes mostras, exposicións e publicacións colectivas e foi seleccionada en diversos premios, como o Premio Novos Valores 2018 do Concello de Pontevedra. En Xerais ilustrou o álbum «Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño» (2019), a novela «Tres bichicomas, dúas illas e unha serea» (2019) e "Violeta ás agachadas" (2023).
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!