Helena González Fernández (Vigo, 1967) é profesora titular de literatura galega na Universidade de Barcelona e investigadora do Centre Dona i Literatura; especializouse en poesía contemporánea e crítica literaria feminista. En 1999 defendeu a súa tese de doutoramento, “Mulleres atravesadas por unha patria. Poesía galega de mulleres entre 1975 e 1997”. Entre os seus libros cómpre citar “Luís Seoane: vida e obra” (1994), “Unha lectura de Códice calixtino de Luz Pozo Garza” (Xerais, 1997), a edición crítica de “De catro a catro” (1998) de Manuel Antonio e “Rosalía feminista” (Xerais, 2019). Como antóloga preparou unha escolma da poesía de Rompente con Iris Cochón, “Upalás” (Xerais, 1998), “Rías de tinta” (1999) con Marta Segarra e Francesco Ardolino, e mais “A tribo das baleas” (Xerais, 2001), unha antoloxía trilingüe da poesía galega dos anos 90. Entre os seus artigos máis recentes salientan as colaboracións en “Escrita e mulleres. Doce ensaios arredor de Virginia Woolf” (2003), e mais na “Breve historia feminista de la literatura española” (en lengua catalana, gallega y vasca). Vol. VI(2000) coordinado por Iris Zavala. Forma parte do equipo de redacción dos catro volumes do “Diccionario da literatura galega” (1995-2004) dirixido por Dolores Vilavedra, e traduciu ao galego “Capital da dor” de Paul Éluard, con Laurence Brault. Pertence ao consello de redacción do “Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos”, onde colabora desde 1992 cunha panorámica anual de poesía, e mais “Lectora. Revista de Dones i Textualitat”. Na actualidade desenvolve o seu labor como crítica literaria en Grial. Foto autora: Ramon Moretó
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.