Pertence Darío Xohán Cabana á “Grande Xeración” de Manuel María e Méndez Ferrín, mais tamén a aquela estirpe clásica de escritores como Dante, Petrarca ou Boccaccio que reviviron os ideais grecolatinos. Neste libro, J.Luis Calvo e Yago Rodríguez Yáñez recollen longas horas de conversas que mantiveron en Romeán cunha das figuras da literatura galega contemporánea que posuíndo múltiples vertentes acrisola cunha solidez e experiencia dificilmente igualables os achados clásicos coas novas tendencias. “Vida e Literatura”, “Poesía”, “Narrativa” e “Traducion” son algúns dos temas centrais abordados nunha obra que ofrece un acaído retrato humano, literario e político deste escritor de elegante apostura e de compromiso a ultranza coa lingua e cultura galegas e coa loita contra as desigualdes sociais. Unha “Cronoloxía” e “Bibliografía”, ademais dun apartado “Fotobiográfico” completan un volume que constitúe unha formidable achega para un mellor coñecemento dun dos máis recentes membros da Academia Galega.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.