Seraogna, libro publicado en maio de 1976 baixo o cuño de rompente, non só deu a coñecer a Alfonso Pexegueiro (Ponteareas, 1948), que se consolida hoxe como un dos escritores máis interesantes da nosa literatura, senón que constitúe a primeira achega substancial e decidida no proceso de renovación dun sistema poético ancorado no dominio da estética socialrealista máis estereotipada.
A través dun realismo visionario, a súa lírica imaxinativa e transformadora desenvolve unha liña radicalmente persoal e de vangarda, que revela a intrahistoria que padecen as clases sociais e nacións dependentes.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.