Isabel Soto comezou o seu labor profesional como investigadora no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, onde participou en proxectos relacionados coa literatura galega e a teoría da literatura. Alén da súa actividade como crítica literaria en diferentes medios, foi secretaria de “Golfiño” e GÁLIX, colaborou na “Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega” (Xerais, 2015) e editou os ensaios de Agustín Fernández Paz nos volumes “O rastro que deixamos” (Xerais, 2012) e “Un mundo de palabras” (Xerais, 2017). Na actualidade, dedícase sobre todo á tradución -en ocasións, canda Xavier Senín-, á edición e á divulgación da LIX. É coautora do libro “María Victoria Moreno. Sementadora de futuro” (Xerais 2018).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.