«Vencerse é cousa de se tratar.» Este verso da escritora Xela Arias é o xermolo da historia dun grupo de rapazas que son quen de superar todos os atrancos que xorden na súa vida persoal e no instituto grazas á «Teranga» e á riqueza de compartir as palabras que nos definen nas distintas culturas.
Aquel fora un curso escolar inesquecible para todas, porque o amor, o compañeirismo e o traballo en equipo lograran vencer fronte ás persoas que non entenden que na diversidade está a mellor das riquezas.
E tamén porque formaran un grupo musical, Seneregue, que as unira para sempre.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.