Socorro! Secuestraron a Curriño! Non imaxines uns tipos fortes e con cara de malos, non. A secuestradora é Anxélica, unha nena moi fan de Curriño, que o recoñece na rúa e o leva á súa casa para coidalo e volver facelo famoso. Queira el… ou non.
Curriño bota en falta os seus amigos e, aínda que Anxélica é bastante prosma, tamén bota en falta ter preto alguén que lle dea agarimo e que o adore (como debe ser!). Así que terá que escoller. Que prefire recuperar: a súa antiga fama ou a liberdade, que acaba de descubrir?
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.