Xaquín Núñez é profesor investigador na Universidade do Minho, crítico literario e teatral, e escritor. Co estudo «Cartografías da narrativa galega contemporánea» (2020) gañou o Premio de Ensaio Ramón Piñeiro. Colabora con recensións críticas nas revistas «Grial» e «Erregueté. Revista Galega de Teatro» e, en 2023, iniciou a súa actividade creativa co libro «Viaxe incerta a L.A.», con fotografías de Ana Cea e textos literarios seus. Co poema «Nómadas» foron finalistas dos premios Ari(t)mar á mellor poesía en lingua galega. Dentro da divulgación literaria e cultural, foi o comisario da exposición «Noreste, cuarta, oeste. Roteiros de ficción», do proxecto Nortear, e coordinador de contidos da sección Criminal do festival SELIC (Santiago de Compostela). «Mañá, cando sexamos luns» (2026) é a súa primeira novela na colección Narrativa de Xerais.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.