Sabela, Manu, Claudia, Fabio e Lois conforman un grupo en que a amizade convive coa sospeita, os prexuízos e o que nunca se di en voz alta. Sen pretendelo, Manu destaca por diferente. Coida o seu aspecto con esmero, fala pouco do seu pasado e non sempre encaixa nos moldes. Algúns admírano. Outros desconfían. Nin sequera quen o defende se atreve a preguntarlle o que todos calan.
Mentres tanto, no territorio paralelo e anónimo da Rede, Dipnoi e LadyFolerpa manteñen unha relación intensa e profunda. Agochados tras a pantalla si son capaces de abrir a alma. O que non sospeitan é que, ao outro lado, se agocha alguén moito máis próximo do que imaxinan.
Unha historia sobre o que se cala, o medo á tenrura e ao diferente; sobre o valor de ser un mesmo e das palabras que nos salvan, ou nos poden salvar.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
