Outubro de 1983; o alcade da vila mariñeira de Cáncara ordena apresar e deter unha vaca por pastar herba pública e a Policía Municipal condúcea ao calabozo do Concello. A noticia do acontecido percorre o mundo, e publícase no «New York Times» e no «Washington Post».
A partir deste feito insólito, Fran Alonso escribe unha novela sobre o poder, ateigada de humor, que reconstrúe os feitos reais. «Cáncara» é unha novela que serpea entre a fábula, a crónica, a lenda, a sátira, a memoria e a narrativa contemporánea, converténdose nunha historia que afunde as súas raíces na crítica social e que se conforma como unha radiografía das transformacións sociopolíticas actuais.
En «Cáncara», Fran Alonso logra crear unha atmosfera metafórica, lendaria, onírica, mítica e humorística onde se reflexiona sobre o poder, a comunicación e a nosa relación co medio natural. A través das súas páxinas, dilúense as fronteiras entre a realidade e a ficción, creando un espazo en que as voces dos personaxes relatan unha historia que vai moito máis alá do anecdótico.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
