https://hablamosdelibros.es/producto/pacto-de-silencio/329249Pacto de silencioCando o corpo de Álex aparece brutalmente asasinado nun monte de Deva, a xornalista Sofía vese arrastrada de novo a un pasado que cría enterrado. Oito anos atrás, a súa mellor amiga Aloia fora condenada por un crime que non cometera, vítima dunha trama de traizóns que agora rexorde con violencia. Mentres Sofía investiga o asasinato xunto cos seus compañeiros Irene e Iago, as ameazas á xente da súa contorna multiplícanse e as sombras do «Caso Compostela» revelan unha rede de narcotráfico, corrupción e deslealdades que conecta o presente co pasado. A hostilidade policial, a relación cos veciños da vila e as súas propias obsesións obrigan a Sofía a tomar decisións moi difíciles para intentar coñecer a verdade do acontecido.
Na súa primeira novela, Ana Viéitez proponnos un thriller psicolóxico trepidante, unha historia de vinganza, amor e xustiza, onde romper o pacto de silencio pode supoñer as peores consecuencias.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2026/04/XG00427501-600x890.jpg9.99instockLiteraturaNovela negra, misterio y thriller00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2026/04/XG00427501-300x300.jpg9903010249198972996461024479.990.000.002026-04-23T07:28:20+02:00
Pacto de silencio
Cando o corpo de Álex aparece brutalmente asasinado nun monte de Deva, a xornalista Sofía vese arrastrada de novo a un pasado que cría enterrado. Oito anos atrás, a súa mellor amiga Aloia fora condenada por un crime que non cometera, vítima dunha trama de traizóns que agora rexorde con violencia. Mentres Sofía investiga o asasinato xunto cos seus compañeiros Irene e Iago, as ameazas á xente da súa contorna multiplícanse e as sombras do «Caso Compostela» revelan unha rede de narcotráfico, corrupción e deslealdades que conecta o presente co pasado. A hostilidade policial, a relación cos veciños da vila e as súas propias obsesións obrigan a Sofía a tomar decisións moi difíciles para intentar coñecer a verdade do acontecido.
Na súa primeira novela, Ana Viéitez proponnos un thriller psicolóxico trepidante, unha historia de vinganza, amor e xustiza, onde romper o pacto de silencio pode supoñer as peores consecuencias.

Ana Viéitez (Arbo, 1998) é graduada en Criminoloxía e amante das historias, dos crimes e dos grupos de amigos problemáticos dende que abriu o seu primeiro libro de Enid Blyton cando apenas aprendera a ler. No seu tempo libre, acumula libros por riba das súas posibilidades, le todos os que pode, fala deles na súa conta de Instagram «toxinho_books» e tamén os escribe acompañada do seu gato Fermín. Outra das súas paixóns é a natureza, así que poderás atopala paseando polo monte coas súas cadelas, desfrutando das vistas ou anotando a mellor forma de deixar un cadáver nunha carballeira. «Pacto de silencio» (Xerais, 2026) é a súa primeira obra publicada.
Fotografía da autora: Samuel Suárez.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!