Dolores Redondo (Donostia, 1969) estudou Dereito e Restauración, e durante algúns anos dedicouse aos negocios. Na actualidade reside na Ribera Navarra e o seu oficio é a escrita. Logo de publicar a súa primeira novela en 2009, comezou a triloxía do Val do Baztán, protagonizada pola inspectora Amaia Salazar, que Xerais publicou en galego na súa totalidade: “O gardián invisible” (2013), “Legado nos ósos” (2013) e “Ofrenda á tormenta” (2014). Considerada como unha auténtica revelación da novela negra, con estas obras obtivo un grande éxito de lectores e foi traducida a máis de vinte linguas. En 2016 obtivo o premio Planeta con “Todo isto che darei”, novela localizada na Ribeira Sacra, publicada en galego por Xerais. A súa última novela ” A cara norte do corazón” (Xerais, 2019) tamén está protagonizada pola inspectora Amaia Salazar.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.