Benigno Fausto Galdo Fernández (Viveiro, 1944-2012) doutor en Medicina. Premio “Barrié de la Maza, conde de Fenosa”, da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, 1979. Até 2011 foi xefe do Servizo de Reumatoloxía do CHUA Coruña e profesor de Reumatoloxía da facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña. Académico numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e académico correspondente da Real Academia Galega.
Autor colaborador de libros e numerosos artigos da súa especialidade, foi presidente da Sociedade Galega de Reumatoloxía e vice-presidente da Sociedad Española de Reumatología.
Autor de Pintores y pintura de Viveiro, 1992; Introducción a la historia de las aguas minerales de Galicia, 1995; A Coruña en la historia de la viruela, 1996; A Memoria de Lugo, Xerais, 2000; Quinientos años de Reumatología de Galicia, 2001; Música de tres compositores reumáticos. Manuel de Falla, un reumático desconocido, 2001; Biblioteca Gastronómica de Galicia, 2003; Terra de Viveiro, 2005; A Memoria de Viveiro, Xerais, 2005; El sanatorio marítimo de Oza, 2007. Outorgáronselle distintos recoñecementos e galardóns: Premio Gastronomía de Galicia “Álvaro Cunqueiro” ao mellor labor en prensa, 1999; Folla de Prata do Albariño, 2000; Premio Gastronomía de Galicia “Álvaro Cunqueiro” ao libro mellor editado no ano, 2004.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.