Fernanda Padín Ogando (Vigo, 1953). Traballou durante dez anos na banca. Exerceu como profesora de Formación Profesional durante os últimos 27 anos, nos que colaborou como relatora e coordinadora en diferentes cursos. Autora de dúas publicacións en formato electrónico audiovisual: “Aplicación das novas tecnoloxías no módulo de APV” publicada en Eumed.net e “Etiquetaxe no punto de venda” publicado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia e recoñecido pola mesma Consellería co premio á Innovación Educativa no ano 2006. Na actualidade dedicada á investigación para o rescate das fotógrafas pioneiras galegas. En 2015 preparou os textos do libro “Mary Quintero. Retratista dende os 15 anos” editado por Xerais.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.