Mary Quintero (Melide, A Coruña 1931) iniciouse no campo da fotografía cos seus pais, fotógrafos de profesión, que a enviaron a Madrid para rematar a súa formación con Pedro Jaraba e Carlos Pascual de Lara.
Con quince anos realizou a súa primeira exposición, e antes de cumprir os vinte era xa unha fotógrafa recoñecida en toda Galicia polos excelentes resultados que obtiña no coloreado das súas fotografías desde o seu estudio vigués.
Durante máis de sesenta anos de profesión traballou a fotografía analóxica -en branco e negro e en cor- e a dixital; colaborou como relatora en numerosos congresos e seminarios celebrados ao longo de todo o Estado Español, Europa, Rusia e mesmo América do Sur, foi agasallada polos seus compañeiros de profesión en numerosas ocasións e recibiu múltiples galardóns, entre os que destacan o Premio ao Mellor Fotógrafo de España, a Granada de Ouro, a Medalla de Meritxell, «La novia del año Kodak» 1986, o Óscar do ano en 1990 e 2005, o título de Viguesa Distinguida en 1994, a Medalla de Ouro e Brillantes de Sevilla e a Medalla de Galicia.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.