Miguel Rodríguez Carnota (A Coruña, 1959) foi mestre e profesor de instituto durante trinta e sete cursos escolares. É licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación pola UNED e Master of Arts in Education (Applied Linguistics) pola Open University. En 2020 doutorouse na UDC coa tese que ten por título «Lingua, poder e adolescencia no proceso de substitución lingüística. Análise crítica do discurso nun centro de ensino secundario dunha vila galega», traballo que serve de base para este libro. Durante a súa estadía no instituto impartiu lingua inglesa en primeiro e segundo de ESO, foi promotor e coordinador de varios proxectos europeos Sócrates, Comenius e Erasmus e ocupou a responsabilidade do Equipo de Normalización Lingüística (EDLG). Na actualidade é presidente da Asociación Cultural Roxín Roxal (roxinroxal.gal), entidade radicada na comarca das Mariñas coruñesas. Tamén é colaborador habitual do dixital «Terra e Tempo» (terraetempo.gal), onde adoita publicar os seus artigos.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.