Pauliño ten sete anos, vive cos seus pais e a súa irmá Águeda que é un bebe e de momento nin anda nin fala. Pauliño é fraco, pequecho, e parece un rapaz coma todos os outros. Unha mañá Pauliño saíu da cama dun chimpo e ceibou un rincho.
-Hiiiiiii!
Malia ser un cabalo, Pauliño debe lavarse, cepillar os dentes, ir a escola, facer os deberes…
Pero Pauliño quere ser un cabalo salvaxe, dos que andan polo monte, moi preto da aldea onde vive a avoa.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.