Ela, María, traballa como fisioterapeuta na residencia Miguel Hernández, un centro privado de persoas maiores. Preparada para rehabilitar outros corpos, cansos e mallados, espíritos esgotados polo paso do tempo, ela permanece soa, tamén por dentro, onde doe, onde as viaxes son tan longas, tan pesadas e interminábeis. El, Xosé, profesor de Historia nun centro de ensino secundario, tamén só, leva un tempo agardando, mentres agoniza cada tarde de xaneiro.
Interferencias é a historia de María e Xosé, dous seres humanos que atravesan os camiños da vida como poden, persoas illadas, que se mergullan entre insospeitadas interferencias. Unha novela escrita nunha longa noite de pedra psicolóxica, que supón o agardado regreso á narrativa galega de Manuel Seixas, autor de A velocidade do frío, (Premio Xerais 1996) e Bailarina (1999), dúas novelas destacadas da fin do século XX.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.