Este libro reúne cinco relatos sobre a fraxilidade humana, sobre a vulnerabilidade que padecemos todas as persoas.
Suso, o protagonista do primeiro, «O ratiño negro», vive acurralado polo medo e non pode deixarse vencer polo mal. Lorena, a do segundo, «O ratiño branco», comprende que non nacemos co destino marcado e que a vida ten moito de heroicidade. Amando, o do terceiro, «O gato negro», daría algo por ser como Xoán Salvador Gaivota, alguén que se esforza en superarse e acadar a liberdade. Estela, a de «Pavo real», aprenderá que a felicidade non depende da cantidade de cousas que un teña. Rafael, o do derradeiro conto, «Gulag de galgos», descubrirá a certeza da frase de Gandhi: «A grandeza e o progreso moral dun pobo poden ser xulgados pola maneira de tratar os seus animais.»
Cinco relatos nos que as formas da maldade poñen a proba os medios pacíficos para resistir e superar a violencia e a intolerancia, mais que non chegan a apagar o facho que nos proporciona azos para erguernos cada día na procura da felicidade.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.