Adrián Gómez Ramos (Rianxo, 1994) introdúcese no mundo da literatura profesional grazas ao certame Xuventude Crea, no que gañou o primeiro premio na modalidade de Novela Curta coa obra “Cando sanguen os lobos” (Xerais, 2021).
Dende sempre, mostrou grande interese polas artes, pois formou parte do grupo de teatro Criaturas da súa localidade, e polos idiomas, xa que colaborou co equipo de Normalización Lingüística no instituto e obtivo títulos de inglés da academia Cambridge English.
Foi precisamente na narrativa onde puido unir o seu amor pola arte, os idiomas e o mundo sobrenatural das lendas galegas.
Actualmente compaxina a escrita cos seus estudos superiores de Informática.
“Aqueles corpos nosos. Arquivos Malvís #2” (Xerais, 2023) é a súa segunda novela.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.