Albert Monteys (Barcelona, 1971) é historietista e ilustrador. De 2004 a 2014 publica na revista «El Jueves» as series «Tato» e «¡Para ti, que eres joven!», esta última con Manel Fontdevila. Dende 2014 ata 2017, xunto con outros guionistas e debuxantes crea a revista dixital mensual «Orgullo y satisfacción», da que se publicarían 46 números. En 2018 publica «El show de Albert Monteys», serie humorística de corte autobiográfico e unha reedición ampliada de «Carlitos Fax», personaxe creado para a revista «Mister K», orientada ao público infantil. En formato dixital mantén dende 2014 a exitosa serie de ciencia ficción «¡Universo!», pola que recibiu o Premio Zona Cómic e mais o Premio Cómic Barcelona á Mellor Obra de Autor Nacional, así como a candidatura aos Premios Eisner ao Mellor Cómic Dixital por en 2017. Entre outros moitos galardóns, en 1994 conseguiu o Premio do Saló do Cómic de Barcelona ao Mellor Fanzine por «Mondo Lirondo» e en 1996 o Premio ao Autor Revelación por «Calavera Lunar».
«A media hora dos recreos» (2020) e «Campións do mundo» (2020) son as súas primeiras obras en Xerais.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.