Ana Cabaleiro (Saídres, 1974) é licenciada en Xornalismo. Como autora estreouse co libro de relatos «Sapos e Sereas» (2017). Coa novela «As Ramonas» (2018) gañou o premio García Barros e foi finalista do San Clemente. Con «Deixádenos remar» (Xerais, 2021) foi finalista do XXXVII Premio Xerais de Novela. Tamén participou nos libros colectivos de relatos «Contra o vento» (2018) e «O libro dos trens» (2019). «Xa vemos palmeiras» (Xerais, 2023) é o resultado do proxecto «Shukran», galardoado co I Premio Exeria de creación literaria, convocado en 2022 polo Concello de Santiago e a Residencia Literaria 1863, en colaboración co Consulado General de España en Xerusalén.
(Foto da autora: Xosé Filloy)