Andrés Meixide (Vigo, 1970). Deseñador e ilustrador. A súa obra como ilustrador está publicada en diversas editoriais. Foi premiado no ano 2006 co The White Ravens. En Xerais ten editados os seguintes títulos: «O patadón», «Cando os animais falaban», «Xan e Pericán», «O tesouro da lagoa de Reid’Is», «Tarzán de goma», «A señorita Bubble», «A señorita Bubble. Aventura baixo cero», «A señorita Bubble. Deus salve as raíñas» e «Xelís, o guieiro das botellas de mar». É coautor, xunto con Pere Tobaruela, da serie «Formig4s» dirixida ao público infantil, que xa conta con sete títulos publicados.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.