Guillermo Cameselle Domínguez (Vigo, 1951-2012). Fotógrafo. Realizou estudos de decoración, fotografía e informática. Iniciouse no mundo da fotografía realizando reportaxes xunto a Manuel Novoa e Manuel García Castro «Magar». A comezos dos anos 70 traballou como reporteiro gráfico na delegación territorial de TVE e como correspondente gráfico da Axencia EFE. En 1974 entrou a formar parte do cadro de Faro de Vigo onde, dende entón, traballou como fotógrafo e, dende 2001 até 2005, como xefe de fotografía. Colaborou con diversas editoriais e revistas. É autor das fotografías dos libros Vigo a través de sus barrios (Faro de Vigo, 1995) e Vigo a través de sus monumentos (Faro de Vigo, 1997). Obtivo diversos premios e recoñecementos polo seu traballo: Premio Internacional de la Camelia; Premio Galicia y el mar (1990) pola súa reportaxe «Castelete»; Premio Galicia de Comunicación (2005) na categoría de periodismo gráfico en recoñecemento á súa «intensa e brillante traxectoria profesional»; e Mención de honra da Federación española de vela (2006). Unha pequena parte do seu traballo está recollido no libro antolóxico Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005) (Xerais 2013).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.