Iolanda Zúñiga (Vigo, 1975). Naceu propulsada pola forza centrífuga do baby boom dos setenta. Aleitouse do cheiro a peixe fervendo en hercúleas olas a presión. Medrou na amable periferia rural dunha ruda cidade industrial, nun tempo no que as fábricas conserveiras desaparecían, o artesanado nos productos do mar minguaba e para eses espazos proxectábanse apartamentos de luxo. Xogou ao funambulismo sobre as vías dun tranvía extinto e a capturar soños cun ganapán furado. Desenvolveu media ducia de oficios. Últimamente escribe. Publicou o poemario ”Amor amén” (Xerais 2008), e os libros de relatos ”Vidas post-it” (Xerais 2007) e ”Noites de Safari” (Xerais 2018). Con ”Periferia” obtivo o Premio Xerais de Novela 2010.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.