Lourenzo Fernández Prieto (A Devesa, Ribadeo, 1961) é catedrático de Historia Contemporánea da USC, director científico do CISPAC (Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais) e actual presidente da Sociedade de Estudios de Historia Agraria (SEHA).
Especializado na historia das sociedades rurais e o cambio tecnolóxico agrario, dirixiu proxectos, teses e publicou traballos sobre a construción da modernidade no mundo rural e, tamén, sobre o tempo do golpe de estado, a guerra e a ditadura. Desde 2023 é académico da RAG.
Entre os seus libros recentes conta, en colaboración, «Galicia, un golpe sin cuartel, una guerra sin trincheras, 1936-1960» (2023); «Farming, Veterinarization and Consumers in the Twentieth-Century Western Europe» (2023); «Senderos de la Historia. Miradas y actores en medio siglo de historia rural» (2021); «Leche y Lecheras en el Siglo XX, (2020); «1936. Un nuevo relato» (2020) e «Agriculture in the age of fascism: authoritarian technocracy and rural modernization, 1922-1945», (2013). En Xerais publicou «Labregos con ciencia, 1850-1939» (1992); «Á volta do tempo. Estudos de Historia Contemporánea» (2021); «Terra e Progreso. Historia Agraria da Galicia Contemporánea» (2000); «Os montes veciñais en man común: o patrimonio silente» (2006) e «A Galicia moderna (1880-1939). Unha sociedade activa, unha economía innovadora» (2026).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.