Mercedes Leobalde (A Coruña, 1967) é licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Tras un breve paso polo mundo editorial, compaxinou, durante máis dunha década, a docencia (primeiro como profesora de ensino medio e logo impartindo cursos de lingua e linguaxe administrativa e xurídica para adultos) con labores de tradución. Actualmente reside en Carral e traballa como tradutora intérprete no Equipo Lingüístico do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Como escritora, foi premiada nos certames Ánxel Fole de Narración Curta (2011) e Manuel Murguía de Narracións Breves (co relato Taxi driver, publicado no volume colectivo Outra rolada en 2013).
En 2013 gañou o Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas co poemario Chamádeme Eva (2013) e en 2014 o Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole con Funambulistas (Xerais, 2015).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.