Miguel Calvo Marques (Vigo, 1985) estudou Psicoloxía e traballou durante unha década nun centro de educación especial. En 2018 converteuse en orientador educativo na etapa de secundaria, labor que exerceu en centros de Redondela, Pazos de Borbén e Allariz. Actualmente forma parte do Equipo de Orientación Específico de Pontevedra, na especialidade de trastornos de conduta e tamén é membro da Xunta Coordinadora da Rede educativa de apoio LGBTIQ+ de Galicia.
«As esquinas» (Xerais, 2026), obra coa que conseguiu o Premio Pinto e Maragota pola diversidade sexual e de xénero, é a súa primeira novela. Fotografía do autor: Javier Aldemunde.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.