Perfecto Conde naceu en Xinzo (A Pontenova, Lugo) o 13 de abril de 1943. Estudou Filosofía e Letras en Santiago e Xornalismo na Escola de Xornalismo da Igrexa de Madrid. Comezou o seu traballo de xornalista no desaparecido “Diario SP” de Madrid. Foi secretario de Redacción da revista “Chan”, que dirixía o histórico Borobó, e traballou para TVE, a BBC, a Televisión Française 1, a Radiodifusão Portuguesa, os semanarios “Triunfo”, “Cambio 16”, “Gaceta Universitaria”, “Teima”, “Qué” e “Tiempo” e para os xornais “La Región”, “El Progreso”, “Avui” e “El Periódico de Cataluña”. Dirixiu a primeira redacción da Gran Enciclopedia Gallega, editada por Silverio Cañada.
Foi o primeiro correspondente do xornal “El País” en Galicia, ata 1982, delegado do Grupo Zeta en Galicia ata 1984, e redactor do semanario “Interviú”, publicación na que exerceu os cargos de xefe de Investigación e redactor xefe de Sucesos ata 1995. De volta a Galicia, foi director da revista “Gam” e xefe de Comunicación do Concello de Ferrol. Rematou a súa carreira profesional como redactor do semanario “A Nosa Terra”.
É autor dos seguintes libros: “Galicia, realidad y conflicto social” (coautor, 1978), “Galicia infinda” (1994) e “La conexión gallega, del tabaco a la cocaína” (1991). Traduciu ao castelán o libro de Anne Marie Thiesse “La creación de las identidades nacionales” (2010) e “La isla de Rocamir” de Jean Ray (1972).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.