Raquel Fernández Fernández (Nigrán, 1972) exerce como chef nun restaurante da súa propiedade no Val Miñor. A pesar do afastado do mundo literario que poida parecer o seu día a día, a lectura e a escrita sempre formaron parte da súa vida.
Ao longo dos últimos anos acadou máis dunha quincena de premios polo seu labor poético e narrativo, entre eles o Certame Literario do Concello de Ames (2020) nas modalidades de poesía e narrativa, o segundo premio de poesía do Certame Manuel Orestes Rodríguez do Concello de Paradela (2020), o primeiro premio de Relato Curto en Prol da Igualdade do Concello de Melide (2021), o premio de narrativa do concurso Literario Xaime Illa Couto (2022) ou o Certame de Microrrelatos do Concello de Vilalba (2020, 2022, 2023).
En marzo de 2024 publicou a súa primeira novela dirixida ao publico xuvenil, «Contas de Buxo». En xuño dese mesmo ano resultou gañadora do XVI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con «I’m Obélix» (Xerais, 2024).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.