Tomás Cuesta González (Meira, 1989) é mestre de escola e debuxante. Pasou os seus primeiros anos de vida xogando feliz á sombra do antigo mosteiro da súa vila natal. De rapaz, trasladaríase á Coruña e pasaría polas aulas do IES Eusebio da Guarda, experiencia que garda como un amuleto contra a vulgaridade. O maxisterio permítelle espallar entre o alumnado miúdo as súas inquedanzas culturais e artísticas. É un debuxante autodidacta e un «escoitador» obsesivo de música. Dúas paixóns, o debuxo e a música, que converxeron na publicación do seu primeiro libro: «A gran familia. Figuras clave da música tradicional galega» (Xerais, 2026). Pódese seguir o autor nas súas redes sociais (@tomas_cue).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.