Xosé Guillermo (Carballo 1947, Vigo 2009) foi pintor e ilustrador. Colaborou con Edicións Xerais de Galicia durante a primeira etapa da editorial, deseñou o primeiro logotipo de Xerais e se ocupou do deseño das cubertas de boa parte dos títulos até 1984. Dende o ano 1993 foi o promotor da Fundación Nautilus, desde a que realizou diversas intervencións artísticas de grandes dimensións, como “Hipocampus 97” na Facultade de Ciencias do Mar de Vigo e “Marte e Arte 06” no CEIP Ría de Vigo. Xunto ao fotógrafo Xavier Teniente é coáutor do libro “Cabalos de vento. Curros de pedra” (Xerais 2009).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.