Xosé Luís Vázquez Somoza (Zolle, Guntín, 1961) é doutor en Lingüística Galega pola USC e catedrático de Lingua Galega e Literatura en ensino secundario. Exerceu como profesor durante 37 anos, 35 deles no IES Lucus Augusti, centro no que desempeñou o cargo de director.
Foi galardoado con distintos premios como o IX Certame de Narracións Breves Manuel Murguía -ex aequo con Xosé Carlos Caneiro-, o IX Certame de Narración Curta en galego Ánxel Fole; o X Premio de Narración Curta Concello de Marín ou o 1.º accésit no XXVIII Certame Nacional Galego de Narracións Breves Modesto Rodríguez Figueiredo, entre outros.
A súa obra narrativa inclúe «Nube de seda na Lúa e outros relatos» (2009) e as novelas «O conserxe» (Xerais, 2021) e «A gobernanta» (Xerais, 2027).
Ademais, participou en obras colectivas como «Paisaxes con palabras» (2001), «De soños e memorias» (2003), «Premios Pedrón de Ouro» (2001, 2005), «Terras de Chamoso» (2014) ou «Isidro Novo» (2019).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.