https://hablamosdelibros.es/producto/a-batalla-de-montevideo-14/281214A batalla de MontevideoNa vella pugna entre defensores e detractores (ou perseguidores) do galego como lingua funcional culta, a Batalla de Montevideo é o capítulo máis rico, máis interesante e máis aleccionador. Librada no marco da VIIIª Conferencia Xeral da UNESCO (1954), celebrada na capital uruguaia datas, foi promovida polos grupos galeguistas do exilio interior (con Ramón Piñeiro como ideólogo e estratega) e os do exilio exterior (co compromiso e entusiasmo, en Buenos Aires, de Rodolfo Prada), a raíz da presentación dunha Denuncia en tres idiomas (galego, francés, inglés), na que poñían en coñecemento das delegacións de case cen países qué actividades culturais en lingua galega eran prohibidas daquela, recibida con desconcerto abraiado por Manuel Fraga Iribarne, daquela secretario da delgación española.
O presente volume ofrece en facsímile a Denuncia trilingüe (unha alfaia da bibliografía galega) e outros textos, ademais de reproducir páxinas sobre a cuestión hoxe moi pouco coñecidas; un corpus textual e documental esencial e indispensable para coñece-la conflictividade política e cultural que suscitaba o idioma galego, nun tempo de miseria -hai cincuenta anos- que urxía examinar e valorar.
20.95instockCiencia historia y sociedadBiografías y memorias00.00010737710729910709710269710637120.950.000.002023-09-14T08:02:11+02:00
A batalla de Montevideo
Na vella pugna entre defensores e detractores (ou perseguidores) do galego como lingua funcional culta, a Batalla de Montevideo é o capítulo máis rico, máis interesante e máis aleccionador. Librada no marco da VIIIª Conferencia Xeral da UNESCO (1954), celebrada na capital uruguaia datas, foi promovida polos grupos galeguistas do exilio interior (con Ramón Piñeiro como ideólogo e estratega) e os do exilio exterior (co compromiso e entusiasmo, en Buenos Aires, de Rodolfo Prada), a raíz da presentación dunha Denuncia en tres idiomas (galego, francés, inglés), na que poñían en coñecemento das delegacións de case cen países qué actividades culturais en lingua galega eran prohibidas daquela, recibida con desconcerto abraiado por Manuel Fraga Iribarne, daquela secretario da delgación española.
O presente volume ofrece en facsímile a Denuncia trilingüe (unha alfaia da bibliografía galega) e outros textos, ademais de reproducir páxinas sobre a cuestión hoxe moi pouco coñecidas; un corpus textual e documental esencial e indispensable para coñece-la conflictividade política e cultural que suscitaba o idioma galego, nun tempo de miseria -hai cincuenta anos- que urxía examinar e valorar.
Os agravios lingüísticos denunciados na UNESCO en 1954

Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928), catedrático de Literatura na Universidade de Santiago de Compostela e presidente da Real Academia Galega dende 2013, é filólogo, tradutor, conferenciante e autor de numerosos libros, estudos e traballos entre os que cabe destacar: "Cen anos de literatura galega" (1964); "Informe -dramático- sobre la lengua gallega" (1973); "Celso Emilio Ferreiro" (1982); "Decálogo da lingua galega" (1990); "Informe(s) sobre a lingua galega (presente e pasado)" (1991); "As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane" (Xerais 1994, 2002); "Ensaios breves de literatura e política" (1996); "Curros Enríquez no Franquismo (1936-1971)" (2003); "A Batalla de Montevideo. Os agravios lingüísticos denunciados na Unesco en 1954" (Xerais 2003); "Intelectuais marxistas en Galicia (1920-2006)" (Xerais 2006); "Páxinas sobre Rosalía de Castro (1957-2004)" (Xerais 2004); "Eduardo Jorge Bosco (Poemas en lingua galega)" (Xerais 2007); "Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948)" (Xerais 2009); "Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo" (Xerais 2011, Premio Losada Diéguez, 2012), "Castelao na Unión Soviética en 1938" (Xerais, 2012); "Pedro Petouto. Traballos e cavilacións dun mestre subversivo" (Xerais 2014) e "Xosé Filgueira Valverde: Biografía intelectual" (Xerais 2015). Unha escolma da súa obra xornalística foi recollida en "Beatus qui legit: artigos periodísticos (1998-1999)" (2000), publicación con motivo da concesión do Premio Roberto Blanco Torres 2000. Escolmou a súa produción lírica no libro "Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo" /Xerais 2017). Director do Centro de Estudos Rosalianos, é autor de centos de traballos sobre Rosalía de Castro e outros escritores.
adroll_adv_id = "MG4DXLEHD5ABTAVH7CHI63";
adroll_pix_id = "47QKL24UGBDU7DMKFT5CTY";
adroll_version = "2.0";
adroll_current_page = "product_page";
adroll_currency = "EUR";
adroll_language = "es_ES";
adroll_products = [{"product_id":"281214","price":"20.95","category":"ciencia historia y sociedad","name":"A batalla de Montevideo"}];
Contacto
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!