https://hablamosdelibros.es/producto/a-eiruga-rabuda/329517A eiruga rabudaNo corazón dun zoo cheo de criaturas sorprendentes, Dorotea, unha eiruga que se sente máis fea ca as demais, espera ansiosa converterse en bolboreta. Pero a metamorfose falla e segue igual ca sempre: sen ás, sen brillo e sen beleza. Coa axuda do rato Arrebato e dunha panda de animais tan raros coma marabillosos, Dorotea atravesa o Insectario, o Acuario e o Terrario, e descobre talentos propios que nunca imaxinara. Cando uns visitantes maleducados comezan a atormentar os seus amigos, a pequena eiruga terá que decidir: agocharse... ou loitar!
Unha aventura irreverente e moi divertida sobre a valentía e a beleza de ser quen es.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2026/05/XG00423601-600x892.jpg16.95instockLibros infantiles00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2026/05/XG00423601-300x300.jpg984479843398335984399844516.950.000.002026-05-13T05:05:14+02:00
A eiruga rabuda
No corazón dun zoo cheo de criaturas sorprendentes, Dorotea, unha eiruga que se sente máis fea ca as demais, espera ansiosa converterse en bolboreta. Pero a metamorfose falla e segue igual ca sempre: sen ás, sen brillo e sen beleza. Coa axuda do rato Arrebato e dunha panda de animais tan raros coma marabillosos, Dorotea atravesa o Insectario, o Acuario e o Terrario, e descobre talentos propios que nunca imaxinara. Cando uns visitantes maleducados comezan a atormentar os seus amigos, a pequena eiruga terá que decidir: agocharse… ou loitar!
Unha aventura irreverente e moi divertida sobre a valentía e a beleza de ser quen es.
No corazón dun zoo cheo de criaturas sorprendentes, Dorotea, unha eiruga que se sente máis fea ca as demais, espera ansiosa converterse en bolboreta. Pero a metamorfose falla e segue igual ca sempre: sen ás, sen brillo e sen beleza. Coa axuda do rato Arrebato e dunha panda de animais tan raros coma marabillosos, Dorotea atravesa o Insectario, o Acuario e o Terrario, e descobre talentos propios que nunca imaxinara. Cando uns visitantes maleducados comezan a atormentar os seus amigos, a pequena eiruga terá que decidir: agocharse… ou loitar!
Unha aventura irreverente e moi divertida sobre a valentía e a beleza de ser quen es.
Iván R. traballou como ilustrador para editoriais, cine, prensa, televisión e publicidade, e deu clases de ilustración e deseño nunha escola de moda. Na actualidade dedícase ao mundo da edición, tarefa que compaxina co traballo no seu estudio. Entre os títulos que ilustrou están "Etiqueta para todos" (Xerais, 2009), "Estamos no verán" (2014), "Teatro de guiñol" (2016), "Cociñando con Bolboretas no bandullo" (Xerais, 2018), "A araña que lles tiña medo ás arañas" (Xerais, 2019), "Meigas fóra!" (Xerais, 2020), "Soños de Cajamarca" (2021), "Darío a diario" (Xerais, 2021), "O neno de lume" (Xerais, 2022), "Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente" (2022), "Gloria" (2023), "Federico" (2023) "Maios e desmaios" (Xerais, 2025), "Dona Carme" (2025), "Alicia e a mestra de Oza" (Xerais, 2025), "A eiruga rabuda" (2026) e a serie de banda deseñada "Miñoca" (Xerais, 2021/2022/2023/2024). En 2022 escribiu e debuxou "Os Winkle. Máis finos ca un allo".
Antía Yáñez (Burela, 1991), enxeñeira, xestiona unha academia en Cecebre e organiza obradoiros literarios. Como narradora, comezou escribindo relato curto, ámbito no que gañou premios como Os Viadutos, o Xaime Illa Couto ou o Certame Literario de Cambre.
Para o público infantil e xuvenil publicou as obras «O misterio de Portomarín» (2016), que ten a súa continuación en «O misterio do torque de Burela» (2019); a novela distópica «Be Water» (2019), «Plan de rescate» (Xerais, 2020), Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade, «A eiruga rabuda» (Xerais, 2026) e «Bragakadabra» (Xerais, 2026), XIX Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil. En narrativa para adultos publicou a novela «Senlleiras» (2018, Premio Illa Nova) e participou no libro de relatos «Entre Donas» (2020). «O clan das barbies» (Xerais, 2024) é a súa segunda novela na colección Narrativa despois de «Non penses nun elefante rosa» (Xerais, 2022).
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!