A monografía «A morte e as súas representacións na LIX ibérica e iberoamericana», nova publicación da Rede Temática de Investigación «Las Literaturas Infantil y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano» (LIJMI), nace co propósito de ofrecerlles un apoio teórico no seu labor de mediación a docentes, profesionais das bibliotecas, familias, animadores culturais etc. Os diferentes estudos que acolle analizan como se trata o tema da morte nas literaturas infantís e xuvenís dos diferentes ámbitos (castelán, catalán, galego, portugués, vasco, brasileiro, chileno e mexicano). Así mesmo, o lectorado interesado atopará nestas páxinas unha completa selección de títulos pertencentes a diferentes xéneros e modalidades editoriais nos que se aborda a morte desde diferentes perspectivas, vinte e oito dos cales son obxecto dun comentario pormenorizado. Un conxunto de aproximacións á morte (natural, violenta, accidental…) que axudan a desterrar esta temática do terreo do tabú.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.