https://hablamosdelibros.es/producto/a-raina-das-velutinas/105833A raíña das velutinasNunha casa de turismo rural reúnese un grupo de persoas en torno a un dos últimos guerrilleiros antifranquistas. A casualidade fará que dúas mozas, enviadas pola Consellaría de Medio Rural para combater a praga de avespas velutinas, acaben participando nalgunhas actividades programadas por un colectivo nutrido por persoas con diversos intereses e maneiras de proceder. Os simpatizantes do antigo exiliado detectarán a presenza dun asistente inesperado; mais nada será o que parece. Un telurismo presente en toda a narración sobrevoará unhas existencias ávidas do contacto coa terra, aínda que a paixón, os desencontros propiciados pola convivencia e unha ortodoxia levada aos extremos serán os que orixinarán, cando a situación o requira, tensións ocasionais e impulsos de solidariedade.
Gañadora da XXIII edición do Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey, o xurado salientou de A raíña das velutinas "o seu brillante labor de documentación e as historias amenas que se entrecruzan na trama principal".
https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00274301-600x910.jpg8.49instockLiteraturaNovela literaria00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00274301-300x300.jpg98263982718243198283982778.490.000.002023-02-21T00:27:22+02:00
A raíña das velutinas
Nunha casa de turismo rural reúnese un grupo de persoas en torno a un dos últimos guerrilleiros antifranquistas. A casualidade fará que dúas mozas, enviadas pola Consellaría de Medio Rural para combater a praga de avespas velutinas, acaben participando nalgunhas actividades programadas por un colectivo nutrido por persoas con diversos intereses e maneiras de proceder. Os simpatizantes do antigo exiliado detectarán a presenza dun asistente inesperado; mais nada será o que parece. Un telurismo presente en toda a narración sobrevoará unhas existencias ávidas do contacto coa terra, aínda que a paixón, os desencontros propiciados pola convivencia e unha ortodoxia levada aos extremos serán os que orixinarán, cando a situación o requira, tensións ocasionais e impulsos de solidariedade.
Gañadora da XXIII edición do Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey, o xurado salientou de A raíña das velutinas “o seu brillante labor de documentación e as historias amenas que se entrecruzan na trama principal”.

Lionel Rexes (París, 1971), formado na Universidad Autónoma de Madrid, reside no Alfoz do Castrodouro desde mediados da década de 1990. É autor da novela «A raíña das velutinas» (Xerais, 2017, XXIII Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta), do estudo paremiolóxico «Ditos e refráns do Valadouro» (2013) e de varias narracións curtas premiadas en diversos certames («Abonda que lle chamen Porto», Lonxa Literaria 2011; «Luzada», Minicontos de Outono 2011; «A patria era unha aira», Relatos de Verán-Redelibros.es, 2012; «A hucha das mazás», accésit do Lonxa literaria 2015; «Monsieur Bocskai», acccésit do Modesto R. Figueiredo 2015, e «A mortalla do demo», segundo premio do Certame Literario Concello de Ames). Con «A montaña do poeta» (Xerais, 2022) conseguiu o XXVIII Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta. Desde 2014 publica textos e artigos sobre aspectos literarios e lingüísticos no blog «Vasoiras de xibarda» (www.blogoteca.com/vasoirasdexibarda). En 2015 e 2016 foi organizador do encontro estival de escritores Ponte Literaria.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!