https://hablamosdelibros.es/producto/a-rosa-de-cen-follas-14/282307A rosa de cen follasAcaso a variedade temática, a capacidade para producirse en diferentes rexistros estilísticos, constitúan un dos apartados fundamentais na hora de caracterizar a poesía de Ramón Cabanillas. Poeta combativo e denunciador das inxustizas, ao pé dos movementos agrarios, unhas veces; recreador dos vellos mitos artúricos e bretóns, autras; ardoroso paladín lírico do nacionalismo das Irmandades da Fala...
A rosa de cen follas -publicada por vez primeira en 1927- móstranos outro dos Cabanillas posibles; desta volta, o poeta autor de delicadas composicións de amor, que lembra a Rosalía -un verso dela dá título á obra do cambadés-, a Bécquer ou aínda a Heine. Un Cabanillas romántico, e preocupado por unha depuración de sinxeleza formal, xorde a través deste breve poemario: un exemplo máis de que nos atopamos diante dun dos mellores líricos galegos de sempre.
11.50instockLiteraturaPoesía00.000984379837398445984399826711.500.000.002023-09-14T08:37:14+02:00
A rosa de cen follas
Acaso a variedade temática, a capacidade para producirse en diferentes rexistros estilísticos, constitúan un dos apartados fundamentais na hora de caracterizar a poesía de Ramón Cabanillas. Poeta combativo e denunciador das inxustizas, ao pé dos movementos agrarios, unhas veces; recreador dos vellos mitos artúricos e bretóns, autras; ardoroso paladín lírico do nacionalismo das Irmandades da Fala…

Ramón Cabanillas Enríquez (Fefiñáns, Cambados 1876-Cambados 1959) foi un dos poetas primeiros en lingua galega do século XX. Con trinta e catro anos emigrou á Habana, onde residiu entre 1910 e 1915 e publicou os seus dous primeiros poemarios No desterro (1913, Xerais 2009) e Vento mareiro (1915, Xerais 1995). De volta a Galicia, traballou como funcionario de varios concellos e coñeceu a loita agrarista. O compromiso co proxecto das Irmandades da Fala levouno a colaborar asiduamente n' A Nosa Terra. En 1920 foi elixido membro da Real Academia Galega, onde leu o discurso titulado "A saudade nos poetas galegos" e en 1929 da Real Academia Española, onde ingresou cun ensaio sobre Eduardo Pondal. Durante os anos vinte publicou Da terra asoballada (1926, Xerais 1994) e as novas edicións dos poemarios publicados na Habana. A instancias de Antón Vilar Ponte, escribiu as pezas dramática A man de Santiña (1921, Xerais 1996) e a traxedia histórica O mariscal (Xerais 1996). En 1926 viu a luz o poemario Na noite estrelecida (Xerais 1988) onde, seguindo as teorizacións de Risco, Cabanillas reelabora mitos do ciclo artúrico que funcionen como símbolos produtivos. Porén, recuperou o lirismo intimista no poemario amoroso A rosa de cen follas (1927, Xerais 1992). Instalado en Madrid, o poeta atravesou un longo período de silencio que rompería a finais da década de 1940 con Camiños no tempo. Comezou entón unha nova etapa en que viron a luz Antífona da Cantiga (1951), Da miña zanfona (1954), Versos de alleas terras e tempos idos (1954) e Samos (1958, Xerais 2009), o seu derradeiro libro publicado en vida. Os catedráticos Xosé Ramón Pena e Xosé María Dobarro, con motivo do 50 aniversario do pasamento do poeta, reuniron a súa obra poética no volume Poesía galega completa (Xerais 2009).
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!