Bos Aires, 1948. Castelao acaba de pronunciar o discurso “Alba de groria” nun momento en que xa sabe que ten a doenza do cancro. É entón cando aparece na cidade arxentina un sicario do goberno franquista coa encarga de matar a Castelao. De súpeto, por un motivo inesperado, o pasado volve con forza á memoria do galeguista trasladándoo a un verán que vivirá na Illa de Ons. A presenza do sicario, personaxe abxecto, responsable de “paseos” e asasinatos tras o estoupido da Guerra Civil e membro da policía secreta de Franco, leva a Castelao a ese verán que, cando era novo, pasara na illa reflexionando e pintando, enfrontándose ao feito de que non desexaba practicar a medicina.
A medio camiño entre a ficción e a realidade histórica, “As illas dos deuses” é unha apaixonante novela de intriga construída a partir da reinvención da nosa historia e da vida dunha das figuras máis míticas da cultura galega.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.