https://hablamosdelibros.es/producto/cancions/142869Cancións«Cancións» contén as letras que Xela Arias escribiu para o grupo de rock vigués Desertores na segunda metade da década dos anos 80 e un CD da banda gravado en xullo de 2021 que reúne todos os temas escritos pola poeta. Como di Teresa Cuíñas Lavandeira no limiar, estas cancións «son unha mostra do diálogo poético e musical que cultivou durante toda a súa vida». «Teño que recoñecer que me sinto moitísimo máis influída polo mundo do rock'n'roll que polo dos poetas galegos», declarou no seu día Xela Arias. Patti Smith, Lou Reed, Radio Futura ou Joy Division estiveron detrás do pulo creativo dunha poeta que sempre procurou a complicidade da música.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00342801-600x910.jpg5.99instockLiteraturaPoesía00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00342801-300x300.jpg98711987419871998699987555.990.000.002023-02-22T15:34:23+02:00
Cancións
«Cancións» contén as letras que Xela Arias escribiu para o grupo de rock vigués Desertores na segunda metade da década dos anos 80 e un CD da banda gravado en xullo de 2021 que reúne todos os temas escritos pola poeta. Como di Teresa Cuíñas Lavandeira no limiar, estas cancións «son unha mostra do diálogo poético e musical que cultivou durante toda a súa vida». «Teño que recoñecer que me sinto moitísimo máis influída polo mundo do rock’n’roll que polo dos poetas galegos», declarou no seu día Xela Arias. Patti Smith, Lou Reed, Radio Futura ou Joy Division estiveron detrás do pulo creativo dunha poeta que sempre procurou a complicidade da música.
«Cancións» contén as letras que Xela Arias escribiu para o grupo de rock vigués Desertores na segunda metade da década dos anos 80 e un CD da banda gravado en xullo de 2021 que reúne todos os temas escritos pola poeta. Como di Teresa Cuíñas Lavandeira no limiar, estas cancións «son unha mostra do diálogo poético e musical que cultivou durante toda a súa vida». «Teño que recoñecer que me sinto moitísimo máis influída polo mundo do rock’n’roll que polo dos poetas galegos», declarou no seu día Xela Arias. Patti Smith, Lou Reed, Radio Futura ou Joy Division estiveron detrás do pulo creativo dunha poeta que sempre procurou a complicidade da música.
Xela Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2003), poeta, tradutora e editora, desenvolveu o seu traballo profesional en Edicións Xerais entre 1980 e 1990. Tras licenciarse en Filoloxía, exerceu como profesora de ensino secundario ata o seu falecemento. Como poeta, publicou os libros «Denuncia do equilibrio» (1986); «Tigres coma cabalos» (1990), en colaboración co fotógrafo Xulio Gil; «Darío a diario» (1996); e «Intempériome» (2003). Posuidora dunha voz inclasificable, a súa obra poética está marcada pola innovación e unha intención transgresora da palabra. Como tradutora, verteu ao galego obras de Fenimore Cooper, Jorge Amado, James Joyce, Camilo Castelo Branco, Roald Dahl, Angela Carter, Baudelaire ou Alice Vieira, labor polo que recibiu recoñecementos como a Medalha do Prêmio de Tradução Sociedade de Língua Portuguesa, o Premio Ramón Cabanillas de Tradución ou o Premio Plácido Castro. En 2021 dedícaselle o Día das Letras Galegas.
Desertores é unha banda de rock formada a finais dos 80 por Humberto Heredia, Juan Díaz, Valerio Araújo e Miguel González. A banda orixinal disolveuse en 1996 tras publicar dous álbums: «El Desertor» (1991) e «El vicio de la carne» (1993). En 2017 retomaron a actividade musical e en 2021 publicaron o CD «Cancións» (Xerais), onde se reúnen todos os temas escritos pola poeta Xela Arias.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!