O velorio é un tempo de recollemento, de asumir o dó mediante os recordos dun pasado que axudan a levar a perda. Só que a mirada atrás se bota desde un presente que dá conta dunha traxectoria chea de medo, de represión, de fuxida ou o de conformismo polo que non puido ser. Na sala, nunha fría noite de xeada de febreiro, catro mulleres acompañan a última noite de Isolina, a finada. Nas longas horas debullan os momentos pasados que as uniron e que delatan a procura dunha vida mellor. Reencóntranse tras moitos anos logo de que, a raíz dun incendio, as súas vidas transcorresen por camiños diferentes. Durante o velorio non están soas, a aldea eterna enfróntase unha vez máis á morte coa súa propia idiosincrasia, mais esta vez algo alterada pola desaparición dun veciño, un feito novo, incomprensible para o que ten que ser.
O velorio é un momento onde a comunidade dividida ten a derradeira oportunidade para se redefinir nun exercicio de recoñecemento mutuo. Compártese o que separa sen deixar fluír o máis profundo antes de que chegue a luz do día e devolva a cada unha ao mundo cotián en que habita. Cara ao leste propón unha reflexión incómoda sobre o punto de partida e o dilema que leva á procura de novos territorios.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.