Víctor Rivas (Pontevedra, 1965) dedícase profesionalmente á ilustración, debuxo de cómic e á comunicación visual dende hai décadas. Atópase cómodo traballando en contornos dixitais e en calquera estilo de debuxo, aínda que os mundos fantásticos e as estéticas vitorianas son as súas preferidas. Para Xerais ilustrou o proxecto literario de Ledicia Costas «Escarlatina», que consta de tres títulos: «Escarlatina, a cociñeira defunta» (2014), «Esmeraldina, a pequena defunta» (2016) e «Os arquivos secretos de Escarlatina» (2017), así como a novela «Vampira de biblioteca» (Xerais 2020), da mesma autora. Tamén ilustrou as novelas «Volverás, golfiño», de Andrea Maceiras (Xerais 2014), «Quokka Moka», de María Solar (Xerais 2019), e mais o poemario «No xardín do poeta» de Antonio García Teijeiro (Xerais 2021). Xunto con Eva Mejuto publicou o álbum ilustrado «Dez gatiñas viaxeiras» (Xerais 2019).
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.