A comezos do século XIX, a vida transcorre lentamente na vila mariñeira da Guarda. Rosa, unha rapaza orfa e pobre, ve morrer a anciá señora á que coidaba e sente que todo o seu mundo se derruba. Un forasteiro, don Leandro, chega para facerse cargo da herdanza da muller e pouco a pouco aprenderá a valorar as bondades do lugar, das xentes e do tipo de vida que alí se lle ofrece, polo que decide quedar. Os traballos e os días, os amores e desamores, parecen dirixirse cara a un final feliz cando se produce a invasión francesa. O paso das tropas napoleónicas pola vila afectará as súas vidas para sempre.
“Claro de lúa” é unha homenaxe ás grandes novelas decimonónicas. Escrita cunha boa dose de amor e humor, nela escóitanse ecos de Jane Austen, Charlotte Brönte e Leon Tolstoi entre outros, arroupados polo piano da famosa sonata de Beethoven.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.