En Lisboa, fronte 谩 foz do Texo, un escritor retirado recibe un sobre que cont茅n unha nota e un cartafol cheo de follas atropeladamente manuscritas. Nelas, un vello moribundo que moraba nunha residencia de anci谩ns asolada pola pandemia conta os desacougantes sucesos que viviu sendo neno na s煤a casa afastada da aldea e que o marcaron para sempre. Esa especie de confesi贸n ou legado do vello servir谩 para, ademais de liberarse dun pesado lastre, descubrir un segredo que o escritor non sab铆a de si mesmo.
Empregando un estilo moi libre e sedutor, volve Xabier Quiroga cunha alfaia literaria baseada nun feito real. Faino cun ritmo que deixa pouco espazo para tomar alento e da man dun narrador sometido aos ditados da memoria. O lector verase introducido de forma inevitable na atmosfera abafante dun lugar inh贸spito e a merc茅 das mesmas relaci贸ns que envolven o personaxe do neno. Unha historia dura e tenra 谩 vez, e finalmente estarrecedora, que nos achega 谩 eterna vileza do ser humano.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La informaci贸n de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qu茅 secciones de la web encuentras m谩s interesantes y 煤tiles.