https://hablamosdelibros.es/producto/conversas-con-dario-xohan-cabana-vida-e-escrita-15/280935Conversas con Darío Xohán Cabana. Vida e escritaPertence Darío Xohán Cabana á "Grande Xeración" de Manuel María e Méndez Ferrín, mais tamén a aquela estirpe clásica de escritores como Dante, Petrarca ou Boccaccio que reviviron os ideais grecolatinos. Neste libro, J.Luis Calvo e Yago Rodríguez Yáñez recollen longas horas de conversas que mantiveron en Romeán cunha das figuras da literatura galega contemporánea que posuíndo múltiples vertentes acrisola cunha solidez e experiencia dificilmente igualables os achados clásicos coas novas tendencias. "Vida e Literatura", "Poesía", "Narrativa" e "Traducion" son algúns dos temas centrais abordados nunha obra que ofrece un acaído retrato humano, literario e político deste escritor de elegante apostura e de compromiso a ultranza coa lingua e cultura galegas e coa loita contra as desigualdes sociais. Unha "Cronoloxía" e "Bibliografía", ademais dun apartado "Fotobiográfico" completan un volume que constitúe unha formidable achega para un mellor coñecemento dun dos máis recentes membros da Academia Galega.21.95instockLiteraturaNovela literaria00.000102457102469996661024639838721.950.000.002023-09-14T07:52:20+02:00
Conversas con Darío Xohán Cabana. Vida e escrita
Pertence Darío Xohán Cabana á “Grande Xeración” de Manuel María e Méndez Ferrín, mais tamén a aquela estirpe clásica de escritores como Dante, Petrarca ou Boccaccio que reviviron os ideais grecolatinos. Neste libro, J.Luis Calvo e Yago Rodríguez Yáñez recollen longas horas de conversas que mantiveron en Romeán cunha das figuras da literatura galega contemporánea que posuíndo múltiples vertentes acrisola cunha solidez e experiencia dificilmente igualables os achados clásicos coas novas tendencias. “Vida e Literatura”, “Poesía”, “Narrativa” e “Traducion” son algúns dos temas centrais abordados nunha obra que ofrece un acaído retrato humano, literario e político deste escritor de elegante apostura e de compromiso a ultranza coa lingua e cultura galegas e coa loita contra as desigualdes sociais. Unha “Cronoloxía” e “Bibliografía”, ademais dun apartado “Fotobiográfico” completan un volume que constitúe unha formidable achega para un mellor coñecemento dun dos máis recentes membros da Academia Galega.

J.Luis Calvo (Oviedo, 1973) é profesor de Lingua e Literatura españolas no IES Mercurio de Almadén (Ciudad Real). Creador e director de Evohé, Revista Cultural do Campus de Lugo (1996-1998). Como poeta publicou La hija imperfecta e Definitivo territorio, este en galego, e como narrador Ulises no mar de Vigo (Premio de Relato Curo Ánxel Fole). Como estudoso da literatura centra as súas investigacións nas figuras de Antonio Gamoneda e Darío Xohán Cabana. E publicou os libros Lorenzo Varela na escola. Vida e morte do exilio galego e Conversas con Darío Xohán Cabana (Xerais 2007).
Yago Rodríguez Yáñez (Lugo, 1980) é Licenciado con Grao en Filoloxía Hispánica e Doutor en Filoloxía inglesa pola USC. Na actualidade é profesor no IES Gregorio Fernández de Sarria. Autor de numerosos traballos de Literatura e Lingüística, estuda figuras como as de Darío Xohán Cabana, John Keats ou Rosalía de Castro. Como poeta recibiu o premio do Certame Lucus Augusti (2007).
adroll_adv_id = "MG4DXLEHD5ABTAVH7CHI63";
adroll_pix_id = "47QKL24UGBDU7DMKFT5CTY";
adroll_version = "2.0";
adroll_current_page = "product_page";
adroll_currency = "EUR";
adroll_language = "es_ES";
adroll_products = [{"product_id":"280935","price":"21.95","category":"literatura","name":"Conversas con Dar\u00edo Xoh\u00e1n Cabana. Vida e escrita"}];
Contacto
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!