https://hablamosdelibros.es/producto/cousas-de-papa/106113Cousas de papáEsta é a historia dun pai e dunha nena... Non, mellor non... Esta é a historia dun pai e dun neno... Tampouco... Esta non é ningunha historia. "Cousas de papá" é un libro de poemas escritos por un pai algo tolo e moi divertido, que viaxa en vasoira, constrúe hidroavións de papel, escorrenta os pesadelos e domina á perfección a linguaxe da fantasía. Das dezasete composicións que conforman o poemario, dez están musicadas por Héctor Lorenzo no CD que acompaña o libro. Música e poesía para xogar cos versos.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00256601-600x678.jpg18.50instockLibros infantilesA partir de 4 años00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00256601-300x300.jpg987679872598763987059875118.500.000.002023-02-21T00:38:16+02:00
Cousas de papá
Esta é a historia dun pai e dunha nena… Non, mellor non… Esta é a historia dun pai e dun neno… Tampouco… Esta non é ningunha historia. “Cousas de papá” é un libro de poemas escritos por un pai algo tolo e moi divertido, que viaxa en vasoira, constrúe hidroavións de papel, escorrenta os pesadelos e domina á perfección a linguaxe da fantasía. Das dezasete composicións que conforman o poemario, dez están musicadas por Héctor Lorenzo no CD que acompaña o libro. Música e poesía para xogar cos versos.
Esta é a historia dun pai e dunha nena… Non, mellor non… Esta é a historia dun pai e dun neno… Tampouco… Esta non é ningunha historia. “Cousas de papá” é un libro de poemas escritos por un pai algo tolo e moi divertido, que viaxa en vasoira, constrúe hidroavións de papel, escorrenta os pesadelos e domina á perfección a linguaxe da fantasía. Das dezasete composicións que conforman o poemario, dez están musicadas por Héctor Lorenzo no CD que acompaña o libro. Música e poesía para xogar cos versos.
Nacín en Velle, a carón de Ourense e do Miño, no outono de 1966, en plena vendima, no seo dunha familia comerciante e un chisco nómade, porque o meu avó fora paraugueiro e, máis tarde, cando decidiu dedicarse á venda e reparación de reloxos e xoias, feirante. Inicieme na vida literaria indo polas feiras de toda Galicia acompañando o meu avó e o meu tío Miguel, e tamén, claro, na tenda de ultramarinos que posuía a familia en Velle (e que, hoxe reconvertida en bar, aínda rexenta a miña nai). Son pois, desde o principio, vendimador, feirante e camareiro, e apaixonado do futbolín e dos reloxos. Estudei Filoloxía Clásica e dei en escribir libros e traducir o que outros escribiron a esa nosa lingua tan saborosa que, cando neno, fun escoitando de feira en feira. Publiquei como poeta Choiva, vapor e velocidade (1999), A casa deshabitada da familia Pena (2001), Verba quae supersunt (2003) e Tratado de zooloxía para corazóns mancados (2009); e, como tradutor, Libellus de natura animalium (1999), Cantos e fragmentos de Safo (2008) e Unha rosa encarnada, Antoloxía de Robert Burns (2014). Gañei ademais o I Premio de Poesía Xosé María Díaz Castro co libro Máscaras de espellos (2016). Participei en varios volumes colectivos e síntome tan orgulloso disto como dos meus libros individuais, porque a miña participación sempre foi en favor de causas boas e xenerosas. Vivo de dar clases de Latín e Grego no IES de Valga, e encántame.
Nacín en Burgos no ano 1967. Estudei Belas Artes en Salamanca e despois traballei en diferentes axencias de publicidade en Madrid e Burgos... ata que cheguei a Galicia. Xa nesta terra comecei a dar clase en distintos institutos de secundaria por diferentes recunchos de Galicia, sempre mirando o mar. Compaxinei esta actividade con traballos de deseño gráfico: anagramas, carteis de títeres e teatro, colaborando en moitas ocasións coa compañía Talía Teatro, así como coa ilustración de contos para nenos, que é o que máis me gusta. Entre os meus traballos publicados están as ilustracións de "Menos Lobos", "Hip-Hip, Hurra!", "O armario de Ana", "Paco" e "Cousas de papá" (Xerais, 2016).
Este músico compostelán ten participado en diferentes proxectos musicais nos últimos anos, como a gravación do disco "Haikus" coa cantante Najla Shami (2011) ou a xira presentación do álbum "Rosalía pequeniña" coa cantante Uxía e o músico Santi Cribeiro, na cal realizou máis de trinta concertos por toda Galicia no ano 2013. En 2014 xira co espectáculo "Un paso sempre adiante" creado a partir de poemas musicados de Xosé Mª Díaz Castro e, en 2015, participa, xunto con Magín Blanco e Uxía, no espectáculo "Canta o cuco", baseado en poemas de Manuel María.
No libro-disco "Cousas de papá" (Xerais 2016) Héctor Lorenzo musica e interpreta dez dos dezasete poemas de Raúl Gómez Pato que conforman o poemario.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!